Mercedes Brea e Pilar Lorenzo Gradín (eds.)
(2021)
978-84-453-5390-5
Prezo: 22,76 €
Páxinas: 526
Formato: 240x170 mm
Imprime: Técnicas&Gramaxe
Descargar (4 MB)Resulta difícil pensar que aínda quede algo novo por dicir sobre unha figura tan trascendental para a historia e as letras hispánicas do s. XIII como é a de Afonso X o Sabio. Non obstante, cando o especialista se achega á súa figura, tropeza cunha serie de “nebulosas” que envolven, sobre todo, as súas vicisitudes biográficas, en particular no que toca á súa relación con Galicia. E este é, precisamente, o eixo deste volume, publicado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, que persegue unha perspectiva interdisciplinar que dea cabida tanto a visións históricas e á análise de manifestacións artísticas canto ao coñecemento da corte poética dun rei que soubo harmonizar como ningún outro a tradición lírica profana e a relixiosa.