Logo Céltica. Caderno de Estudos Galaico-Portugueses. Porto (1960-1961). EDICIÓN FACSIMILAR
Céltica. Caderno de Estudos Galaico-Portugueses. Porto (1960-1961). EDICIÓN FACSIMILAR

Coordinador da edición, Luís Alonso Girgado; Estudo liminar Maria Isabel Morán Cabanas; Edición e notas, César Camoira Vega; Colaboración María Montserrat Vázquez Riveiro.

(2021)

978-84-453-5371-4

Prezo: 25,56 €

Páxinas: 490

Formato: 240x170 mm

Imprime: Grafisant, S.L.

Descargar (41 MB) Descargar (1 MB)

Na cidade portuguesa de Porto, no bienio 1960-1961, apareceu a revista Céltica, Caderno de Estudos Galaico-Portugueses, que fundou e dirixiu Manuel Oliveira Guerra. A súa curta existencia -tirou unicamente catro números- non impide que recoñezamos a súa importancia e interese para a cultura, a literatura e a lingua galegas, que teñen xenerosa acollida nestas páxinas. Nomes como o de Xosé María Álvarez Blázquez, José María Castroviejo, María Victoria Armesto, Celso Emilio Ferreiro, M. González Garcés, Xohana Torres, Pura Vázquez, Uxío Novoneyra, Manuel María, Antón Tovar, xunto cos de Rosalía de Castro ou Eduardo Pondal entre outros, acreditan a galeguidade destas páxinas que agora recuperamos para coñecelas mellor.