Logo Cadernos Ramón Piñeiro (XLIII). Santiago Montero Díaz e Manuel Rodrigues Lapa: cartas a Carvalho Calero
Cadernos Ramón Piñeiro (XLIII). Santiago Montero Díaz e Manuel Rodrigues Lapa: cartas a Carvalho Calero

Luís Alonso Girgado, Laura Caamaño Pérez, Laura Piñeiro Pais (eds).

(2021)

978-84-453-5369-1

Prezo: 19,91 €

Páxinas: 150

Formato: 240x170 mm

Imprime: Grafisant, S.L.

Descargar (1 MB)

Este volume recolle un conxunto de cartas destinadas a Ricardo Carvalho Calero pertencentes a Santiago Montero Díaz e Manuel Rodrigues Lapa. Estes dous grupos de epístolas están formados por corenta e oito e trinta e cinco cartas, respectivamente. O volume péchase cunha parte de apéndices en que se reúne un conxunto de nove cartas entre José Luís Fontenla Rodrigues e Ricardo Carvalho Calero e cinco cartas de Ricardo Carvalho Calero dirixidas a Manuel Rodrigues Lapa.