Logo ArGaMed 6/2023. Entre antropoloxía e historia. A oralidade na ficción amorosa dos trobadores galego-portugueses ou como salvar o itinerarium ad dominam.
ArGaMed 6/2023. Entre antropoloxía e historia. A oralidade na ficción amorosa dos trobadores galego-portugueses ou como salvar o itinerarium ad dominam.

Xabier Ron Fernández

(2023)

DOI: https://doi.org/10.52740/argamed.23.06.00051

e-ISSN: 2695-3951

Soporte: Publicación electrónica en liña

Prezo: de balde

Páxinas: 266

Formato: 210x297 mm

Descargar (2 MB)

Esta monografía representa unha culminación de tres décadas de traballo investigador. O núcleo do estudo repousa na oralidade en canto que parte esencial da creación da poesía trobadoresca e a súa inscrición na ficción das cantigas de amor e de amigo. Para facilitar o seguimento das reflexións, inclúese no apéndice unha táboa onde figuran todos os autores estudados (101 trobadores), todas as cantigas cunha síntese dos motivos desde a óptica da oralidade e un repertorio de todas as cantigas incorporadas no estudo.