Elvira Fidalgo Francisco
(2026)
DOI: https://doi.org/10.52740/argamed.26.08.00119
e-ISSN: 2695-3951
Soporte: Publicación electrónica en liña
Páxinas: 872
Descargar (4 MB)O monográfico ofrece unha edición crítica da colección completa das Cantigas de Santa Maria de Afonso X, preparada por Elvira Fidalgo Francisco. Centrada na fixación do texto, así como a consignación das variantes e/ou erros de copia, esta proposta pretende ser un sólido punto de partida para a abordaxe dun estudo máis profundo da modalidade grafemática presente nas cantigas, que poida contribuír ao mellor coñecemento dun determinado estadio dunha lingua en proceso de formación pero xa cun notable grao de fixación scriptolingüística. O volume constitúe unha etapa intermedia na elaboración do recurso dixital e-Strela, que terá como obxectivo facilitar o estudo do repertorio afonsino desde distintos puntos de vista.