Directrices para autores/as

Taxas de publicación

Cadernos de Fraseoloxía Galega non cobra ningún tipo de taxa de publicación ou cargo polo procesamento dos artigos. O procedemento é totalmente gratuíto e, dende o número 18, o acceso aos contidos é aberto.

Recepción de orixinais

Guía de estilo

As normas de estilo da revista están recollidas nunha guía de estilo que pode descargarse premendo aquí: normas_de_estilo_CFG.pdf.

Para a achega de artigos dirixidos á sección “ESTUDOS”, recomendamos que empreguen o noso modelo, ademais de seguir as directrices indicadas. Prema aquí para DESCARGAR o modelo en calquera dos formatos dispoñibles: CFG_template_autores.odt CFG_template_autores.dotx

Proceso de revisión

Cadernos de Fraseoloxía Galega funciona co sistema de dobre revisión anónima ou revisión por pares cegos, no cal os revisores son externos ao equipo editor da revista. Para encontrar este persoal avaliador, a Secretaría de Redacción dispón dun mínimo de dez días e dun máximo de vinte. No entanto, en caso de producirse especial dificultade para o conseguir (debido á especificidade da temática do traballo ou da súa lingua), o prazo é susceptible de ser aumentado.

En principio, a data límite para o envío de traballos potencialmente publicables no ano en curso é o 24 de outubro (todo atraso deberá ser debidamente xustificado). Os artigos recibidos ata esta data que, a xuízo do Consello de Redacción, cumpran os requisitos mínimos para a súa publicación, remitiranse en forma anónima a dous revisores expertos, que deberán emitir un informe tamén anónimo sobre:

Os artigos publicaranse se os dous informes son positivos. Se só unha das avaliacións recomenda a publicación, os traballos remitiranse a un terceiro informante, de tal xeito que a súa valoración será definitiva. O período máximo de tempo para a emisión dos informes será dun mes desde a recepción do traballo. Pola súa banda, a Secretaría de Redacción comunicaralle ao autor a aceptación (provisional, isto é, suxeita a modificacións, ou definitiva) da colaboración ou o seu rexeitamento dentro dos dez días posteriores á recepción dos aludidos informes.

Se os informes recomendaren a publicación condicionándoa a que o autor ou autora introduza certas modificacións, este ou esta deberá realiza-las oportunas modificacións no prazo de quince días ou, en caso de tal, presenta-las alegacións ós cambios indicados. Dentro dos dez días após a recepción dos traballos modificados, o Consello de Redacción deberá acorda-la súa aceptación ou o rexeitamento definitivo. Os editores dos traballos poderán alterar levemente os traballos recibidos co único obxectivo de corrixir erros mecánicos ou lingüísticos.

Xestión de incidencias posteriores á publicación dos números

Unha vez editados os artigos, enviaránselles ás correspondentes autorías co fin de puideren informar da necesidade de aplicarlles calquera tipo de corrección. Este aviso deberase transmitir por correo electrónico e dentro do prazo dunha semana. Ulteriormente, o Equipo Editoral comprobará se esas correccións son, en efecto, oportunas e, en caso afirmativo, consensuarase unha solución acorde co grao de relevancia dos erros/deficiencias entre as dúas partes. Por exemplo:

Aviso dos dereitos de autoría

Aínda que cada autor/a manterá o seu dereito de autoría sobre o seu traballo, os dereitos de explotación e difusión serán exclusivos do Centro Ramón Piñeiro, quen posuirá o copyright da revista. Este será quen decida en que repositorios, elencos bibliográficos e páxinas de referencia estará en todo o mundo, como se pode ver na páxina de créditos e na sección “Impacto e visibilidade” desta web.

Cadernos de Fraseoloxía Galega opera baixo a licenza CC-BY-NC-ND, a cal obriga a citar a autoría e a publicación do artigo en caso de copia ou distribución e impide tanto o seu uso con fins comerciais como a distribución de material derivado. Ademais, animamos aos autores a difundir as súas contribucións a través dos medios non comerciais que estimen oportunos (repositorios institucionais, webs persoais, redes sociais, plataformas como ResearchGate, Academia.edu ou similares etc.). No caso de querer facer un uso non permitido por esta licenza, o/a autor/a deberá contactar connosco para estudar o caso.