Proceso de revisión e aceptación de orixinais

As persoas interesadas en enviar unha proposta para a súa publicación na serie ArGaMed deberán dirixirse a serie_argamed@cirp.gal.

Poderán ser consideradas propostas dedicadas a edicións de textos literarios en galego-portugués, monografías de autoría individual ou colectiva, así como misceláneas de traballos dun mesmo autor ou de autores diferentes que garden relación coa literatura medieval galego-portuguesa.

Todos os orixinais serán sometidos a un proceso de revisión de acordo co sistema de “pares” e “dobre cego”: na revisión participarán dous avaliadores externos que sexan recoñecidos especialistas na materia, e poderá recorrerse a un terceiro en caso necesario; neste proceso de revisión, preservarase o anonimato tanto de autores como de revisores.

Atendendo aos informes, e nun prazo máximo de seis meses, comunicarase ao responsable da proposta sobre a aceptación ou rexeitamento do traballo.