Cadernos de Fraseoloxía Galega fai unha chamada para o envío de contribucións para o número 26. Aínda que o prazo de recepción está aberto permanentemente, para este número teranse en conta os manuscritos recibidos ata o 24 de outubro de 2024.
Como vén sendo habitual, admitiranse artigos de investigación, recensións críticas e recadádivas de material fraseolóxico galego inédito. Para máis información sobre a convocatoria, pode consultar a sección Envíos ou poñerse en contacto con nós en paremias@cirp.gal.
Finalmente, agradeceriámoslle que nos axudase a difundir este chamamento para contribucións entre todas aquelas persoas que puidesen estar interesadas en participar.
Moitas grazas pola súa atención.
O número 24 da revista Cadernos de Fraseoloxía Galega acaba de ser publicado. Pode consultarse en Números publicados.
Cadernos de Fraseoloxía Galega fai unha chamada para o envío de contribucións para o número 24. Aínda que o prazo de recepción está aberto permanentemente, para este número teranse en conta os manuscritos recibidos ata o 24 de outubro de 2022.
Como vén sendo habitual, admitiranse artigos de investigación, recensións críticas e recadádivas de material fraseolóxico galego inédito. Para máis información sobre a convocatoria, pode consultar a seccion Envíos ou poñerse en contacto con nós en paremias@cirp.gal.
Finalmente, agradeceriámoslle que nos axudase a difundir este chamamento para contribucións entre todas aquelas persoas que puidesen estar interesadas en participar.
Moitas grazas pola súa atención.
O número 23 da revista Cadernos de Fraseoloxía Galega acaba de ser publicado. Pode consultarse en Números publicados.
Cadernos de Fraseoloxía Galega vén de ser indexada nas bases ANVUR, BASE, CROSSREF, LATINDEX 2.0 e SHERPA/ROMEO. Isto representa unha moi boa noticia para a revista, pois é mostra da súa crecente traxectoria e supón un gran incremento da súa visibilidade e impacto.
Cadernos de Fraseoloxía Galega fai unha chamada para o envío de contribucións para o número 23. Aínda que o prazo de recepción está aberto permanentemente, para este número teranse en conta os manuscritos recibidos ata o 1 de marzo de 2022.
Como vén sendo habitual, admitiranse artigos de investigación, recensións críticas e recadádivas de material fraseolóxico galego inédito. Para máis información sobre a convocatoria, pode consultar o documento adxunto ou poñerse en contacto con nós en paremias@cirp.gal.
Finalmente, agradeceriámoslle que nos axudase a difundir este chamamento para contribucións entre todas aquelas persoas que puidesen estar interesadas en participar.
Moitas grazas pola súa atención.
Cadernos de Fraseoloxía Galega vén de ser indexada no prestixioso índice DOAJ (Directory of Open Access Journals). Esta base de datos de carácter independente e sen ánimo de lucro ten como obxectivo aumentar a visibilidade e o acceso a revistas académicas de acceso aberto que superen o seu esixente control de calidade, no que se avalían os seus estándares e prácticas editoriais. Esta nova indexación é unha moi boa noticia para CFG, pois supón un recoñecemento a súa calidade editorial e científica, así como un notable revulsivo para o seu impacto internacional.
A institución internacional I2OR (International Institute of Organized Research), que ten o obxectivo de incrementar a visibilidade de revistas científico-académicas de acceso aberto, comunícanos a inclusión de Cadernos de Fraseoloxía Galega na súa base de datos.
Co obxectivo de aumentar o impacto académico da revista, Cadernos de Fraseoloxía Galega vén de adoptar a licenza CC-BY-NC-ND de Creative Commons, a máis similar á licenza aplicada ata o número 20. Para máis información, por favor, consulte “Aviso dos dereitos de autoría”.
Cadernos de Fraseoloxía Galega conta, dende o número 21, co identificador DOI (Digital Object Identifier), un paso máis para alcanzar unha maior calidade nas nosas publicacións e, polo tanto, un maior impacto da revista. Neste primeiro número no que se aplica, o 21, 2019, contarán co DOI o número xeral, os artigos e mais a recadádiva. Non obstante, a partir do número 22, 2020, levarán DOI todas as contribucións: dende os artigos e recadádivas ata as recensións.
Por outra parte, a inclusión do DOI tamén conleva a presenza do ORCID das autoras e autores. Por iso, a partir de agora as publicacións de CFG levarán, xunto á institución e o correo electrónico, este código identificativo de carácter gratuíto que pode crearse na seguinte ligazón: https://orcid.org/
O número 21 da revista acaba de ser publicado. Pode consultarse en Números publicados.